Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/390-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Barreiro-Barcia e Gandarela.

Situación: Mesía.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, sobre apoios de formigón, con conductor LA-56, de 870 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. que alimenta o C.T. de Fontorto e final no C.T. Gandarela que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Gandarela, do que parte a R.B.T., sobre apoio de formigón e con conductor R.Z. de 15 m de lonxitude. Concello de Mesía.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 13 de xullo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña