Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. Río do Porto-Monte Rei.
Situación: Noia.
Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al: de 305 m de lonxitude, con orixe na liña Tambre II-Ponte Nafonso-Noia e remate no C.T. novo estrada
de Muros que se vai instalar. De 505 m de lonxitude, con orixe no C.T. Río do Porto e remate no C.T. Mina do Barro. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na estrada de Muros. Noia.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 12 de xullo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña