Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., Eirís-Linares Rivas (liña 19).
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: do C.T. Novoa Santos sairán dúas L.M.T.S., a 15/20 kV en conductor R.H.V.-240 mm Al, de 85 e 95 m respectivamente, a primeira que discorre r/ Novoa Santos e Xeral Sanjurjo ata a conexión coa L.M.T.S. a C.T. Long, e a seguinte que discorre pola r/ Novoa Santos ata a conexión ca L.M.T.S. a C.T. Efisa. Concello da Coruña
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 7 de xullo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña