Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/161-2, 5065 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Santa María de Vilapene (Cospeito).

Situación: Cospeito.

Características técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. de Vilapene de 2.008 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e torres metálicas en conductor LA-56. L.M.T. aérea ó C.T. da Cruz de 100 metros a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. L.M.T. aérea ó C.T. do Val de 452 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e torres metálicas en conductor LA-56. 3 C.T.I. en Vilapene, A Cruz e O Val de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Vilapene de 3.220 metros sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea

da Cruz de 1.540 metros sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de Santa Isabel de 1.190 metros sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Lugo, 9 de xuño de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo