Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galáico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: rede de baixa tensión en Martín (Begonte).
Situación: Begonte.
Características técnicas: rede de baixa tensión aérea de Martín, de 740 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 9 de xuño de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo