Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.324

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1999 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza de profesorado desta universidade 1641/1999.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 22 de febreiro de 1999 (BOE do 19 de marzo) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade,

no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: linguaxes e sistemas informáticos.

Praza nº: 1641/1999.

Comisión titular:

Presidente: Francisco Casacuberta Nolla, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vocal secretario: Adolfo Otero Rodríguez, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Vocal 1º: Luis Carlos García de Figuerola Paniagua, catedrático de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Vocal 2º: Ángel Rodríguez Fernández, profesor titular de escola universitaria. Universidade de León.

Vocal 3º: Ramón Sanguesa Sole, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Lleida.

Comisión suplente:

Presidente: Buenaventura Clarés Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocal secretario: Rafael García Vázquez, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocal 1º: Jesús Sánchez López, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocal 2º: Joaquín Fernández Martínez, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Castellano-Manchega.

Vocal 3º: José Mª Sempere Luna, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.