Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ribeira de Piquín.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: execución das obras de pavimentación dos accesos ós núcleos rurais de Barangón, Boel, Cabaceira, Cartea, Soutelo, Barcia e Penadecabras.

b) Prazo de execución: cinco meses.

c) Orzamento base de licitación: 15.102.707 ptas.

d) Garantías.

Provisional: 302.054 ptas.

Definitiva: 604.108 ptas.

3. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: execución das obras de accesos a núcleos de poboación en Piquín.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 5.930.000 ptas.

d) Garantías. Provisional: 118.600 ptas. Definitiva: 237.200 ptas.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Obtención da documentación e información:

Concello de Ribeira de Piquín, Chao de Pousadoiro, s/n. C.P. 27242. Teléfono: 982 33 36 01, ata o día anterior ó do remate da presentación de proposicións. Horario das 10 ás 14 horas.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e DOG.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Ribeira de Piquín, Chao de Pousadoiro, s/n.

8. Apertura de plicas: pola mesa de contratación, no salón de sesións da casa do concello, ás dez horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, que non sexa sábado.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Criterios de adxudicación, por orde descendente de importancia:

a) Unidades de obra adicional.

b) Menor prazo de execución.

c) Obras realizadas para este concello, con informe favorable da dirección técnica.

d) Clasificación.

e) Prezo.

Ribeira de Piquín, 30 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado