Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión con data do 6 de agosto de 1999, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e o expediente de contratación mediante concurso, con procedemento aberto e urxente, para a adxudicación das obras incluídas no Plan Fondo de Cooperación Local 1999.

Durante o prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación desta anuncio no BOP ou DOG, queda exposto ó público na secretaría do concello o referido prego para os efectos de presentar reclamacións; anúnciase simultaneamente a licitación, de conformidade co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril, aínda que a licitación se aprazará no suposto de formularse reclamacións contra o dito prego.

Obxecto do contrato e tipo de licitación.

O obxecto do contrato é a execución das obras denominadas:

1. Vías e accesos a núcleos de poboación das parroquias de Bandoxa, Rodeiro, Reboredo e Salto.

Tipo de licitación: 4.523.655 pesetas.

2. Vías e accesos a núcleos de población das parroquias de Oza e Bandoxa.

Tipo de licitación: 4.790.153 pesetas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, en horas das 9 ás 13.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións e sobres: presentaranse de acordo cos modelos que se recollen no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación: as proposicións irán xunto coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares aprobado para a contratación das mencionadas obras.

Oza dos Ríos, 7 de agosto de 1999.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde