Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 12 de xullo de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican os pregos de cargos dos expedientes sancionadores 076/99-LU e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan o prego de cargos en expedientes sancionadores, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio, e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Lugo, Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 076/99-LU.

Denunciado: José Ponce Montero.

Enderezo: A Régoa-Pontigas, s/n, Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: 077/99-LU.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

Enderezo: r) Condomiñas-4, Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: 078/99-LU.

Denunciado: Francisco José Leonardo López.

Enderezo: r) Salicias, nº 3, Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: 079/99-LU.

Denunciado: Ricardo Rodríguez Piñeiro.

Enderezo: r) Zumalacárregui, 40, Cedeira (A Coruña).

Celeiro-Viveiro, 12 de xullo de 1999.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo