Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.299

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Por resolución da División de Recursos Humanos do 30 de abril de 1999 (DOG nº 88, do 10 de maio), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

O punto 6 da base quinta da Resolución do 28 de decembro de 1998 dispón que a autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomean os seus novos membros que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles, polo que esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 30 de abril de 1999 nos termos seguintes:

Tribunal: ATS/DUE.

Onde di: Fidel Antonio García Vidueira,

debe dicir: Fidel Albino García Vidueira.

Tribunal: xestión da función administrativa.

Onde di: Argimiro Rodríguez Brey,

debe dicir: Argimiro González Brey.

Tribunal: hixienista dental.

Onde di: Juan Suárez Quintanilla, profesor titular da Escola de Enfermería de Santiago de Compostela,

debe dicir: profesor titular da Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela.

Tribunal: traballador social.

Onde di: Lourdes Suárez Queijo, coordinadora de traballadores sociais da Xerencia de Atención Primaria A Coruña-Ferrol,

debe dicir: traballadora social da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

Tribunal: TER.

Onde di: Pilar Mayayo Murillo,

debe dicir: Pilar Mayayo Burillo.

Tribunal: fisioterapeuta.

O secretario Carlos Somoza Quintero é substituído por Mª José Pérez Dafonte (xefa do Servicio Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais).

Tribunal: TEL.

Margarita Rodríguez Vigo é substituída por Rodrigo López Asorey (xefe do Servicio de Xestión de Persoal da División de Recursos Humanos).

Tribunal: celador.

O secretario suplente: Carlos Somoza Quintero é substituído por Mª José Pérez Dafonte (xefa do Servicio Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais).

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos