Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.292

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 4 de agosto de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de seis postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, seis postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderanse declarar desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade có novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Sétimo.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, ou recurso contecioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria

ANEXO I

Código do postoNivelC. Espec.GrupoCorpoDenominación

do posto

DependenciaLocalidadeTitulac. Académ.

Form. Espec.

AG.C02.00.002.15770.005281.703.640A/BXeralXefe Servicio de Persoal e Réxime InternoS.C. de Persoal e Coordinación AdministrativaSantiago de Compostela
AG.C99.10.000.15001.080281.703.640A/BXeralSecretario/a provincialDelegación provincialA Coruña
AG.C99.10.000.15001.08718 545.160B/C/DXeralXefe Negociado Habilitación e CaixaDelegación provincialA Coruña
AG.C99.10.000.15001.00116 511.116C/DXeralSecretario/a delegadoDelegación provincialA Coruña001
AG.C99.10.000.36001.080281.703.640A/BXeralSecretario/a provincialDelegación provincialPontevedra

AG.C99.10.000.36001.00116 511.116C/DXeralSecretario/a delegadoDelegación provincialPontevedra001

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 10.291