Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 240/1999, do 29 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 2.156 m, sito en Coia, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), con destino á construcción do edificio anexo para empraza-los novos xulgados da cidade de Vigo.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Vigo, reunido en sesión celebrada o día 9 de setembro de 1997, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia un terreo de 2.156 m, sito na denominación do Chouzo en Coia, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), situado ó carón do edificio dos xulgados da rúa de Lalín con destino a construcción do edificio anexo para localiza-los novos xulgados da cidade de Vigo.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Vigo acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun terreo sito na denominación de Chouzo, en Coia, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), que a seguir se describe:

1. Parcela A) sita na denominación de Chouzo, en Coia no municipio de Vigo, cunha superficie de 2.156 m, que linda: norte, travesía do Chouzo, hoxe travesía da rúa Coruña (antes camiño de Ganoy) e Ricardo Ramilo González; sur, de Manuel Bravo García; leste, soar dos xulgados, en realidade terreos da Comunidade Autónoma (xulgados); e oeste, parcela B ou número dous, ou sexa, resto do predio matriz de dona Mercedes Fadrique del Río.

A parcela está inscrita a favor do Concello de Vigo no tomo 1.873, libro 938, folio 44, predio 59.669, inscrición segunda; e perténcelle o 100% do pleno dominio ó concello, atopándose libre de cargas.

Artigo 2º

O terreo cedido destinarase á construcción do edificio anexo para localiza-los novos xulgados ó carón do edificio dos xulgados na rúa Lalín.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vintenove de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda