Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

INFORMACIÓN pública de avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xove.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 2 de agosto de 1999, por unanimidade, en votación ordinaria de conformidade co previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, acordou a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes, e quince días máis, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior circulación da provincia, durante o cal as entidades e particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno, e presenta-las súas propostas, efectuándose a restante tramitación segundo o disposto na devandita norma.

O que se fai público para os efectos procedentes, atopándose o expediente á disposición dos interesados nas oficinas xerais da casa do concello, en horario de oficina.

Xove, 2 de agosto de 1999.

Jaime Pernas Rodríguez

Alcalde Acctal.

Manuel Díaz Sánchez

Secretario