Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999 pola que se somete a información pública a relación de propietarios e titulares de ben e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Tui (Pontevedra).

Aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo con data 22 de setembro de 1994,

o Plan Parcial do Parque Empresarias de Tui (Pontevedra), que segundo o disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os efectos de expropiación forzosa.

Vistos os artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como os artigos 199 e seguintes do R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento de xestión urbanística, en relación cos artigos 17 e seguntes da Lei de expropación forzosa do 16 de decembro de 1954; sométese a información pública a relación de propietarios e titulares dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do devandito parque empresarial, de conformidade co planeamento aprobado.

O expediente estará exposto no Concello de Tui, e na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, para información pública durante o prazo de 15 días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n, en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo