Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/310-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Ribeira de Maio.

Situación: Muros.

Características técnicas: modificado de instalación eléctrica na zona de Ribeira de Maio, Muros, consistente: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x150) mm Al, de 195 m de lonxitude, con orixe no C.T. Portiño, que se vai suprimir e final no C.T. Ribeira de Maio, que se vai instalar. Centro de transformación, en planta baixa edificio, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede subterránea de baixa tensión, baixo tubo, con conductor kV 0,6/1 kV de 3 (1x240) e 3 (1x150) mm Al, de 395 m de lonxitude. Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña