Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía do 19-7-1999 e do disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de proxecto e obra:

1. Obxecto: proxecto e obra para o equipamento do Centro Sociocultural, Xuvenil e da 3ª Idade.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: sesenta millóns (60.000.000 de ptas., 360.607, 26 euros) IVE incluído, con cargo á partida orzamentaria 99/451.623.

6. Prazo de execución: seis meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: 1.200.000 ptas. (7.212,15 euros).

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato 2.400.000 ptas. (14.424,29 euros).

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo J, subgrupo 2, categoría b); grupo I, subgrupo 1, categoría c); grupo C, subgrupo 4, categoría c).

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, Pza. de España, nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono: 982 12 86 50; fax: 982 13 09 75, horario de atencion ó público de 9 a 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición.

Don/Dona ... veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., en nome propio (ou en representación de ..., conforme acredito con poder verificado suficientemente, informadao/a do concurso tramitado polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, para a redacción do proxecto e execución das obras de equipamento do Centro Sociocultural, Xuvenil e da 3ª Idade, comprométese a executa-las obras na forma determinada no prego de claúsulas administrativas e bases técnicas, que integramente acepto, por un prezo de ... ptas. (en letra e número) e para tal efecto xunto proxecto técnico e memoria anexa comprensiva dos seguintes extremos:

a) Funcionalidade e adecuación das solucións técnicas ó fin proposto.

b) Calidade dos materiais e equipos orzados.

c) Características estéticas acordes co edificio obxecto de actuación.

13. Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas e previa convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 29 de xullo de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde