Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 9 de xullo de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos recursos ordinarios do expediente sancionador PO-1395-97 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei

6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Estes interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó de publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da (r/ Palma nº 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-1395-97.

Denunciado: Enrique Fernández Arca.

Enderezo: Nigrán, 13-3º E-Vigo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincocentas mil unha pesetas (500.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 16 de outubro de 1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a resolución de cincocentas mil unha pesetas (500.001 ptas.).

Nº de expediente: PO-0139-98.

Denunciada: María Fernández González.

Enderezo: Avda. Montero Ríos, 40-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: duascentas nove mil pesetas (209.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 24 de setembro de 1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a resolución de duascentas nove mil pesetas (209.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-0582-98.

Denunciado: Germán Souto Garrido.

Enderezo: Barrio de Acuña, 67-Vilaboa-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 5.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 27 de agosto de 1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a resolución de vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta «Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións». Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 9 de xullo de 1999.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo