Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Chavín, San Lourenzo e Rubial concello do Corgo e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 1/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de San Lourenzo, de 20 kV con orixe no apoio nº 39 da L.M.T. ó C.T. de Fonteita e remate no C.T. de San Lourenzo cunha lonxitude de 1,834 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº apoios/tipo 14/H.

2. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Chavín, de 20 kV, con orixe no apoio nº 7 da L.M.T. ó C.T. de San Lourenzo e remate no C.T. de Chavín, cunha lonxitude de 0,026 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº de apoios/tipo 7/M.

C.T. de San Lourenzo, e remata no C.T. de Rubial e unha lonxitude de 1,062 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº apoios/tipo 7/H.

4. Centro de transformación intemperie de San Lourenzo, situado en San Lourenzo cunha potencia de 50 kVA.

5. Centro de transformación intemperie de Chavín, situado en Chavín cunha potencia de 50 kVA.

6. Centro de transformación intemperie de Rubial, situado en Rubial cunha potencia de 50 kVA.

7. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de San Lourenzo, con orixe no C.T. de San Lourenzo, cunha lonxitude de 0,765 km e nº apoios/tipo 12/H.

8. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Chavín, con orixe no C.T. de Chavín, cunha lonxitude de 0,875 km e nº apoios/tipo 11/H.

9. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Rubial con orixe no C.T. de Rubial e unha lonxitude de 0,8 km e nº de apoios 13/H.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente Resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén

para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 17 de xuño de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 1/99.Provincia: Lugo

L.M.T. a C.T. RubialTermo municipal: O Corgo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8A LamedaPradoHros. José Paradela FerreiroR/ José Arcores Gil, 68-4ºEsqu. 28017 Madrid311101.100

9SolgasPradoRamón Cordero Lence

Casa Estanqueiro

Barrio-Fonteita

27163 O Corgo

4160600

11SolgasPradoRamón Cordero Lence

Casa Estanqueiro

Barrio-Fonteita

27163 O Corgo

660

20ChousoPradoRamón Cordero Lence

Casa Estanqueiro

Barrio-Fonteita

27163 O Corgo

6-732002.000

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 1/99.Provincia: Lugo.

L.M.T. a C.T. San Lourenzo.Termo municipal: O Corgo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

16AiraPradoHros. José Paradela Ferreiror/ José ARcores Gil, 68-4º Esqu.

28017 Madrid

6110120

32Tras LaxelasPiñeiralHortensia Teijeira DíazAvda. Coruña, 475-3º D

27003 Lugo

14112