Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999 pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para a realización do proxecto diccionario de literatura.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato para a realización de traballos específicos e concretos non habituais da Administración arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, A Barcia, estrada de Santiago de Compostela a Noia, km 3, 15896 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 25 36), faise público:

1. Obxecto: soporte técnico para a realización do proxecto diccionario de literatura.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 4.200.000 ptas.

4. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ás 12 horas do 2 de setembro de 1999.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1999

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística