Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.204

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 4 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polo que se fai pública a relación provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para a cobertura temporal de tres prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais.

A devandita relación será exposta na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das delegacións provinciais do devandito organismo, das direccións provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Os interesados poderán formular reclamación no prazo de dez días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a División de Recursos Humanos do Sergas.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos

Humanos