Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase a contratación, polo sistema de poxa, da seguinte obra:

1. Obxecto: iluminación pública en cinco parroquias e vilas do termo municipal de Sarria.

2. Lugar de execución: Sarria (Lugo).

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Forma de adxudicación: poxa.

5. Orzamento: 10.074.445 ptas. (IVE incluído).

6. Garantías. Provisional: 201.489 ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

7. Información: Secretaría do Concello de Sarria, rúa Maior, 14. Teléfono: 982 53 50 00. Fax: 982 53 09 56.

8. Proposicións: presentaranse durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio no BOP ou DOG.

9. Apertura de plicas: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Anuncio extenso: insírese no BOP de Lugo.

Sarria, 26 de xullo de 1999.

Claudio Garrido Martínez

Alcalde