Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O alcalde, mediante Decreto do 13 de xullo de 1999 (número 1572), aprobou definitivamente o proxecto de compensación para a construcción de catro vivendas unifamiliares en Roxos, promovido por Construcciones Suárez Vilar, S.L.

O ámbito da actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: predios de Ramón Lorenzo, José Barreiro González e José Vázquez Regueiro.

Sur: herdeiros de José Villaverde.

Leste: estrada de Santiago-Noia (C-543).

Oeste: parcela de cualificación, ordenanza 14 de María Nieves de Paula Pombar.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o de reposición. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde