Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 65/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde de 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumplidos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo Marítimo Oza; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida:

Procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Concurso público: 65/1999.

Subministración de válvulas cardíacas.

Lote 1-Válvula mecánica bidisco.

Lote 2-Válvula biolóxica non soportada.

Lote 3-Válvula biolóxica soportada.

Lote 4-Válvula biolóxica soportada.

Lote 5-Conducto valvulado bidisco.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica que se xuntan na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato:

12-7-1999.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

As establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas:

Seis.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Lote 1: Cormédica, S.A.; Juan Sebastián Bach, 12, 08021 Barcelona (España).

Lote 2: Medtronic Ibérica, S.A.; Travesía Costa Brava, 6; 28034 Madrid (España).

Lote 3: Medtronic Ibérica, S.A.; Travesía Costa Brava, 6; 28034 Madrid (España).

Lote 4: Baxter, S.A.; Calle del's Gremis, 7; 46014 Valencia (España).

Lote 5: Cormédica, S.A.; Juan Sebastián Bach, 12, 08021 Barcelona (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 79.100.000 ptas. (475.400,57 euros).

Lote 2: 21.600.000 ptas. (129.818,61 euros).

Lote 3: 15.450.000 ptas. (92.856,37 euros).

Lote 4: 61.800.000 ptas. (371.425,48 euros).

Lote 5: 10.125.000 ptas. (60.852,48 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial das Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

DOCE: 15-5-1999.

BOE: 13-5-1999.

DOG: 13-5-1999.

12. Data de envío deste anuncio: 21 de xullo de 1999.

13. Data de recepción deste anuncio:

A Coruña, 12 de xullo de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña