Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 28 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador, referencia Secretaría 66/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.3º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente: Secretaría 66/1999.

Denunciado: Manuel Guntín Rodríguez.

Razón social: Bar Beade.

Último enderezo coñecido: A Barreira, 1. A Coruña.

DNI: 34.618.804.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

No caso de conformidade coa sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor de Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde, nº 0182594701140179 do Banco Bilbao-Vizcaya, rúa A Senra, 3-5, Santiago de Compostela.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña