Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación Balmau, 2739.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 7 de abril de 1999 se outorgou o permiso de investigación Balmau, 2.739, de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Oia e Tomiño, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 8 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra