Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Camiño Vello de Sousas.
Situación: Verín.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. a C.T. Mavesa e Reamte na L.M.T.S. ó C.T. Sousas. C.T. non prefabricado compacto en camiño vello de Sousas con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do anterior C.T. de 65 m en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 1 de xullo de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
7163