Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a instalación electrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T., A Torre-A Pena, no concello de Cenlle. (Expediente IN407A 98/182-3 A.T.)

Unión Eléctrica Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentou alegacións os titulares dos predios nº 12, 13, 24, 27, 17, 21, 23 e 19 da relación de afectados por non estar de acordo co trazado. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben nesta resolución para evitar repeticións.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2617 e 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966.

RESOLVO:

1. Autorizarlle a Unión Eléctrica Fenosa, S.A., o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

-L.M.T. aérea a 20 kV de 535 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en torre metálica

nº 19 da L.M.T. ó C.T. de Cenlle e remate no C.T. aéreo proxectado con con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V. da Torre. R.B.T. aérea proxectada do C.T. A Torre de 1.325 m de lonxitude en conductor R.Z.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 8 de outubro de 1998, que se publicou no DOG do 18 de novembro, no BOP de Ourense do 18 de novembro e no xornal local La Región do 6 de novembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 1 de xullo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7165