Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/254-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: retirada L.M.T. en Avda. Val Miñor 22.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, d/c, a 15 kV, con conductor tipo LA-100 e L.M.T. subterránea, a 15 kV, d/c, con conductor tipo R.H.V. tramo I-aéreo, de 30 m de lonxitude, desde o apoio 78 da L.M.T. d/c bal 702 e 708 ata o apoio que se proxectada 77-bis da mesma liña. Tramo II-aéreo, de 35 m de lonxitude, desde o apoio 77-bis do tramo I anterior, ata o apoio existente 76 da mesma liña d/c bal 702 e 708. Tramo III-subterráneo de 390 m de lonxitude, desde o apoio 77-bis ata un novo apoio que se vai colocar entre os existentes 77 e 78 da mesma liña do tramo II. Toda a instalación se sitúa na Avda. Val Miñor 22, concello de Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7166