Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato de subministración para a adquisición de equipamento deportivo nos pavillóns polideportivos dos concellos de Baralla, Covelo, Ourol, Moaña, Noia, Sanxenxo e Rois.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos

ó que refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Subministración para a adquisición de equipamento deportivo para os seguintes centros:

a) Lote I. Pavillón polideportivo de Baralla (Lugo):

a.1) Xogo de porterías de balonmán/fútbol sala.

a.2) 29, 20 ml de banco e colgadoiros para vestiarios.

b) Lote II. Pavillón polideportivo de Covelo (Pontevedra):

b.1) 29,20 ml de banco e colgadoiros para vestiarios.

c) Lote III. Pavillón polideportivo de Ourol (Lugo):

c.1) 11,50 ml de banco e colgadoiros para vestiarios.

d) Lote IV. Pavillón polideportivo de Moaña (Pontevedra):

d.1) Xogo de porterías balonmán/fútbol sala.

d.2) Xogo de canastras hidráulicas.

d.3) Xogo de postes balonvolea.

d.4) 44 ml de banco e colgadoiro para vestiarios.

e) Lote V. Pavillón polideportivo de Noia (A Coruña):

e.1) Xogo de porterías balonmán/ fútbol sala.

e.2) Xogo de postes de balonvolea.

e.3) 41,80 ml de banco e colgadoiro para vestiarios.

f) Lote VI. Pavillón polideportivo de Sanxenxo (Pontevedra):

f.1) Xogo de porterías balonmán/fútbol sala.

f.2) Xogo de canastras colgadas.

f.3) Xogo de postes de balonvolea.

f.4) 29 ml de banco e colgadoiros para vestiarios.

g) Lote VII. Pavillón polideportivo no concello de Rois (A Coruña):

g.1) Xogo de porterías de balonmán/fútbol sala.

2.2. Lugar de entrega:

Nos respectivos pavillóns polideportivos.

2.3. Prazo de entrega:

Corenta e cinco días desde a sinatura do contrato.

3. Orzamento base de licitación:

-Lote I. 908.280 ptas.-Lote II. 762.120 ptas.-Lote III. 300.150 ptas.-Lote IV. 2.877.960 ptas.-Lote V. 1.370.540 ptas.

-Lote VI. 2.602.460 ptas.-Lote VII. 146.160 ptas.

Total: 8.967.670 ptas.

4. Garantías:

Garantías provisionais:

-Lote I. 18.166 ptas.-Lote II. 15.242 ptas.-Lote III. 6.003 ptas.-Lote IV. 57.559 ptas.-Lote V. 27.411 ptas.-Lote VI. 52.049 ptas.-Lote VII. 2.923 ptas.

Total: 179.353 ptas.

A garantía definitiva ascenderá ó 4% do tipo de licitación do/s lote/s adxudicado/s.

5. Obtención de documentación e información:

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

7. Apertura de ofertas:

Levárase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios:

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte