Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, na sesión do día 2 do actual mes de xuño, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación mediante concurso, en procedemento aberto, da obra nº 215-1 do PIEL/1999: acceso a distintos núcleos de poboación.

O dito prego exponse ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde a publicación deste anuncio, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente anúnciase a licitación das referidas obras, aínda que esta se aprazará no suposto de que se presentasen reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución polo órgano de contratación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cospeito.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: execución das obras de acceso a distintos núcleos de poboación.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento de licitación: 21.270.704 de ptas.

d) Garantías:

Provisional: 425.414 ptas.

Definitiva: 850.828 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información:

Concello de Cospeito. Feira do Monte, Avda. da Terra Chá, nº 29, código postal 27377, teléfono: 982 52 00 01, ata o día anterior ó do remate de presentación das proposicións. Horario das 10 ás 14 horas.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: no grupo G, subgrupo 06, categoría b.

Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase de conformidade co disposto no establecido nos artigos 16 e 17 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ó da publicación do último dos anuncios de licitación inseridos no BOP de Lugo, e no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula décimo cuarta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: oficinas do Concello de Cospeito-Feira do Monte.

7. Apertura de plicas:

Pola mesa de contratación no salón de sesións da casa do concello, ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, non coincidente en sábado.

8. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

9. Criterios de adxudicación, por orde decrecente de importancia:

Oferta valorada do control interno de calidade: ata 3 puntos.

Plan técnico proposto polo contratista para a execución da obra: ata 3 puntos.

Reducción do prazo de execución da obra: ata 2 puntos.

Oferta económica na mellora da obra: ata 2 puntos.

Cospeito, 29 de xuño de 1999.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde