Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita, para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 99/5-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña 201-A Santiago de Compostela.

Título: parque eólico Outeiro do Coto.

Concellos afectados: Cercedo, Cotobade, Forcarei e A Lama.

Superficie afectada: 3.150 hectáreas.

Coordenadas UTM (x, y):

V (552000, 4708000); V (554000, 4707000)

V (554000, 4705000); V (553000, 4704000)

V (552100, 4704500); V (552500, 4703500)

V (552000, 4703000); V (552000, 4701000)

V (549000, 4698000); V (548000, 4698000)

V (548500, 4702000); V (549000, 4704000)

V (548990, 4705000)

Potencia que se vai instalar: 15,18 MW

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na rúa Eduardo Pondal nº 64 de Pontevedra.

Pontevedra, 29 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra