Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/80-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Briabí.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas: L.M.T., aéra a 20 kV, de 400 m de lonxitude, con conductor tipo PAS-50, desde un apoio de formigón da L.M.T. ó C.T. Ferredo ata o C.T. que se proxecta en Briabí, concello da Cañiza. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 465 m de lonxitude, con conductor tipo RZ.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 24 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 1999/80-4Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. BriabíTermo municipal: A Cañiza

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4CorgaPradoDolores González FernándezTravesía de Vigo, 174-2º C

36206 Vigo

1020

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

9CarcabeloMonte altoHdos. Herminia Castillo GómezA Igrexa-Parada das

Achas, s/n

36887 A Cañiza

20100

10CaldasMonte altoJosé Domingo González FernándezEstr. Camposancos, 341

36390 Vigo

28140

14CabadasPiñeiralLuz Divina Márquez PazoO Cabo-Briabí, 3

36887 A Cañiza

630