Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación da contratación dos servicios para a elaboración das aplicacións informáticas de posta en marcha dun sistema de atención a usuarios e de xestión de incidencias.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: elaboración das aplicacións informáticas de posta en marcha dun sistema de atención a usuarios e de xestión de incidencias.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 80, do 28 de abril de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: 35.000.000 de ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de xuño de 1999.

b) Contratista: Altia, Consultores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 30.000.000 de ptas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria