Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de compensación do subpolígono 7B do S.U.-3.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 15 de xullo de 1999, por instancia de Antonio Piña Antón, como presidente da xunta de compensación, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do subpolígono 7B do S.U.-3, e

2. Somete-lo expediente a información pública.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de xullo de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente