I. Obxecto e orzamento: servicios para o desenvolvemento e posta en explotación de aplicacións informáticas que darán soporte a distintos aspectos relacionados co ámbito de competencias da inspección sanitaria, en particular los referidos a ordes de asistencia e transporte sanitario, por un importe máximo de 15.000.000 de ptas. ( IVE incluído) (90.151,82 euros).
II. Solvencia económica e financieira: deberá acreditarse conforme o previsto no número 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no número 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
IV. Clasificación económica:
Grupo:, Subgrupo:, Categoría:
V. Prazo de execución: ver número 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
VII. Garantías: 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
VIII. Admisión de variantes: non se admiten.
IX. Criterios de adxudicación: ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
XI. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de con
tratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
XII. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XIII. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1999.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos