Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-64/1998 (caza, Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución destes expedientes, por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

1. Contra a presente resolución, caberá de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen se interpoñe-lo recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 3110001181, da Caixa Galicia (2091), clave (90), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado cobrarase pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de xullo de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-64/1998.

Denunciado: Gonzalo Diz Núñez, enderezo Deiro, 18, Vilanova de Arousa.

DNI: 35.468.816.

Feitos denunciados: transitar con 7 cans por terreos acoutados (PO-10.124), sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza, ás 8.45 horas do día 12-12-1998, lugar Couto PO-10.124, Deiro, concello de Vilanova de Arousa.

Data do acordo da incoación: 10-11-1998.

Data do acordo da proposta: 15-3-1999.

Proposta: sancionar a Gonzalo Diz Núñez con multa de 10.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: que o denunciado transitaba con 7 cans por terreos acoutados (PO-10.124), sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza.

Precepto infrinxido: 57.11º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 ptas.