Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para centros de capacitación e axencias comarcais do Servicio de Extensión Agraria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para centros de capacitación e axencias comarcais do Servicio de Extensión Agraria, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes:

Lote 1: máquinas fotocopiadoras, de escribir, material de proxección, calculadoras, fax, etc.

Lote 2: mobiliario de oficina, residencia e lencería.

c) Prazo de entrega: un mes, contado a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de liciación.

Importe total: sete millóns cincocentas cincuenta e seis mil catrocentas oitenta e seis pesetas (7.556.486 ptas.) (45.415,40 euros).

Lote 1: tres millóns trescentas oitenta mil catrocentas oitenta e seis pesetas (3.380.486 ptas.).

Lote 2: catro millóns cento sesenta e seis mil pesetas (4.166.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: lote 1, sesenta e sete mil oitocentas dez pesetas (67.810 ptas.) (407,55 euros).

Lote 2, oitenta e tres mil trescentas vinte pesetas (83.320 ptas.) (500,76 euros).

Definitiva: lote 1, cento trinta e cinco mil seiscentas dezanove pesetas (135.619 ptas.) (815,09 euros).

Lote 2, cento sesenta e seis mil seiscentas corenta pesetas (166.640 ptas.) (1.001,53 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Extensión Agraria da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 60.

e) Telefax: 981 54 66 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http:// www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 3 de setembro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 13 de setembro de 1999.

d) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria