Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión con data do 24 de maio de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle que ten por finalidade establecer aliñacións e rasantes respecto a vía de nova apertura e rúa posterior en proxecto e reordenar volumes en terreo sito na rúa Eidos, segundo proxecto redactado polo arquitecto Alberto Cameselle Lago, promovido inicialmente por Jaime Serín Pérez, en representación de herdeiros de Isolina Figueroa Montero e outros, e actualmente instada a continuidade da tramitación do expediente por Lino Couñago Taibo en representación de Redondela Promociones Constructivas, S.L.

Queda o expediente á disposición de quen queira examinalo e deducir alegacións polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG.

Redondela, 22 de xuño de 1999.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde