Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO.

En Pleno deste Concello, en sesión do 29 do actual, aprobouse inicialmente unha modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento solicitada por Unión Fenosa para a execución da obra de ramal ferroviario á central térmica de Meirama.

Para os efectos do artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, o expediente atópase a disposición dos interesados, polo prazo dun mes, na secretaría.

Cerceda, 30 de xullo de 1999.

José García Liñares

Alcalde