Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (7/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 30 de xuño deste ano, resolveu:

«Aprobar definitivamente a modificación da delimitación do polígono H4.02 do documento de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, excluíndo desta o patio traseiro da casa número 11 da rúa Salgado Somoza».

O que se publica, significando que contra a resolución que se traslada cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 7 de xullo de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo