Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto e urxente para a contratación dos servicios de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión económico-financeira do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión económico-finaceira do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O enderezo actual é r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela,. Desde o 18 de agosto de 1999 a sede trasládase a San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 21/99.

2. Obxecto do contrato: servicios de desenvolvemento dun sistema para a xestión económico-financeira do Igape.

Prazo de execución: segundo a oferta técnica, fixándose como data límite de instalación e posta en marcha do sistema de información contratado o 23 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 6.960.000 ptas., (seis millóns novecentas sesenta mil pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído.

5. Garantía provisional: 139.200 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio e código postal: ata o 18 de agosto de 1999 r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo, C.P. 15701, desde tal data San Lázaro s/n, C.P. 15703.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Reunión informativa: o día 24 de agosto, ás 10 h, terá lugar na sede do Igape en San Lázaro s/n, 15703 de Santiago de Compostela unha sesión informativa acerca desta contratación por parte dos técnicos do Igape para tódalas empresas interesadas nela.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do 31 de agosto de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro de prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 11 horas do 2 de setembro de 1999 procederase á apertura da documentación

administrativa e técnica. En acto público ás 11 horas do 7 de setembro de 1999, procederase á apertura das ofertas económicas.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica