Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Vilela (Outeiro de Rei).
Situación: Outeiro de Rei.
Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Vilela Grande de 401 m a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. L.M.T. ó C.T. das Cavadas de 93 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. ó C.T. do Salete de 41 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Vilela Grande, C.T.I. das Cavadas e C.T.I. do Salete os tres de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220. R.B.T. de Vilela Grande de 2.290 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. das Cavadas de 1.695 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. do Salete de 1.815 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 31 de maio de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo