Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/68-2, 5164 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Vilarbotote (Trabada).

Situación: Trabada.

Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Vilarbotote de 148 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Vilarbotote de 160 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. Enlace de 220 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. coa R.B.T. existente de Vilarbotote.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo