Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999 pola que se fai público o acordo do Consello Rector que aproba as bases que rexerán a convocatoria de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas de teatro profesionais.

Obxecto: convenio con compañías ou empresas de teatro galegas de carácter profesional para a producción e/ou distribucción de espectáculos teatrais.

Orzamento: cen millóns de pesetas. (100.000.000 de ptas.).

Prazo de execucción: ata o 30 de abril do ano 2000.

As bases da convocatoria, así como o modelo de proposición, poderán ser examinados e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Apartado de Correos 150. Santiago de Compostela).

A presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral do IGAEM (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Santiago de Compostela), en dous sobres cerrados e axustándose ó modelo que se une como anexo ás bases, por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Nos quince días seguintes ó da finalización do prazo, a mesa de contratación designada para o efecto abrirá os sobres A e decidirá que compañías reúnen os requisitos de profesionalidade esixidos para participar nesta convocatoria de convenios. Posteriormente, unha comisión de valoración, formada por

un presidente e catro vocais designados polo Consello Rector do IGAEM e elixidos entre persoas de recoñecido prestixo do mundo da cultura das artes escénicas, estudiará as proposición e elevará ó Consello Rector a relación de compañías coas que de acordo cos criterios de selección, este instituto procederá a establecer convenios de producción e/ou distribución.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais