Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Corredoira, sita na avenida da Mahía, s/n, edificio Valentín baixo, en Bertamiráns (concello de Ames).

Visto o expediente instruído por instancia de Manuel Núñez Fuentes, na súa calidade de titular, en solicitude da autorización de apertura dun novo

establecemento, na Avda. da Mahía, s/n, edificio Valentín baixo, Bertamiráns (concello de Ames), da axencia de viaxes Viajes Corredoira, do grupo retallista, co código identificativo XG-106, que ten a súa casa central en Noia, na rúa Corredoira de Luis Cadarso, s/n.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude presentou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Viajes Corredoira, sita en Noia, na rúa Corredoira de Luis Cadarso, s/n, baixo, da que é titular Manuel Núñez Fuentes, a apertura dun novo establecemento na Avda. da Mahía, s/n, edificio Valentín baixo, Bertamiráns, concello de Ames, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo