Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a C.T. Requesende.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 690 m de lonxitude con conductor LA-30, que parte da L.M.T. ó C.T. Gabenlle e final no C.T. aéreo de Requesende de 50 kVA. Concello de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 29 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña