Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/50-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: variantes L.M.T.S., Avda. Salgado Torres.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 760 m de lonxitude, con orixe nas liñas que alimentan o C.T. Marqués de Amboage (expediente 51243) e remate nas liñas que alimentan os CC.TT. r/ Pose (expediente 27808), Corte Inglés, praza da Cubela (expediente 52714) e liña II da subestación de Eirís. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V. de 230 m de lonxitude con orixe no C.T. Marqués de Amboage. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 25 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña