Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación das obras de ampliación do Centro de Servicios Sociais do Carballiño.

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso público para a contratación das obras:

-Obra: ampliación do Centro de Servicios Sociais do Carballiño.

Localidade: O Carballiño.

Provincia: Ourense.

Número de expediente: 1/99.

Orzamento de contrata: 36.361.019 ptas., 218.534,12 euros.

Prazo de execución: 4 (catro) meses.

Garantía provisional: 727.220 ptas., 4.370,68 euros.

Garantía definitiva: 1.454.441 ptas., 8.741,36 euros.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Clasificación do contratista: grupo: C; subgrupos: 2; categoría: d.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano) e no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

As proposicións económicas: axustaranse ó modelo establecido que figura unido ós pregos de cláusulas administrativas particulares.

Lugar: a presentación de proposicións faráse no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na Avda. de Zamora nº 13, de 9 a 14 horas, en sobres pechados ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do siguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que integrará as proposicións: a que se indica no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposiciones: será realizada pola mesa de contratación na Avda. Zamora nº 13 Ourense, ás 10 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de que este día

coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposiciones terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos do anuncio: serán por conta da/s persoa/s que resulte/en adxudicataria/as.

Ourense, 20 de xullo de 1999.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense