Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: modificado L.M.T.S., Carballal-Gándara.
Situación: Valdoviño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.407 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. apartamentos e remate no C.T. praia. L.M.T. subterránea a 20 kV de 258 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-240 mm Al, que parte do C.T. Porta do Sol e remate no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. a C.T. Carballal. Concello de Valdoviño.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 24 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
7146