Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. de Casar do Mato, no concello de Ourense. (Expediente IN407A 98/207-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentou alegacións o titular dos predios nº 16 e 29 da relación de afectados por non estar de acordo co trazado. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que encada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben nesta resolución para evitar repeticións.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

-L.M.T. aérea a 20 kV de 283 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio existente nº 1004032-179 da L.M.T. Punxín-Arrabaldo e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V, de Casar do Mato. R.B.T. aérea proxectada de Casar do Mato, A Golpilleira e O Palleiro de 935 metros de lonxitude en conductor R.Z. e con orixe no C.T. aéreo proxectado de Casar do Mato.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 28 de decembro de 1998, que se publicou no DOG do 16 de febreiro, no BOP de Ourense do 5 de febreiro e no xornal local La Región do 22-1-1999.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñeerse recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 24 de xuño de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense